Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 19 de agosto

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

12.00 h
No salón de plenos do Concello de Melide, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participa na sinatura dos convenios de colaboración entre a Vicepresidencia da Xunta e sete agrupacións de voluntarios de Protección Civil dos concellos do Camiño Francés, entre eles o de Santiago, en materia de prevención de riscos e axuda aos peregrinos/as.

20.00 h
Na Estivada da Ribeira (Cacheiras), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto institucional de homenaxe a Ánxel Casal.

FEITO A MAN
13.30 h Na Vía Sacra, sesión vermú: UKESTRA DO MEDIO (orquestra de ukeleles, rock´n´roll, country, swing).
20.00 h Na rúa das Orfas, MIGUEL FLORES TRÍO (flamenco).
22.00 h Na praza da Quintana (Literarios), JAP 4 (funk jazz).

Compartir: