Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 18 de agosto

12.00 h
No Mercado de Salgueiriños, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, visita as actividades do programa Efecto Proximidade.

VERÁN EN VERDE
PERCORRER
11.00 h Con saída dende o CSC de Conxo, ruta natural polo río Sar en Conxo. Necesaria inscrición previa no 661 406 965.

EFECTO PROXIMIDADE
No Mercado de Salgueiriños:
11.30-12.30 e 13.30 -14.00 h Trópico de Grelos: obradoiro de percusión.
12.00-13.30 h Consumo Gusto: Degustación e elaboración de zumes.
12.30-13.30 h Trasno Malabares: Circo na rúa.
CARPA ACTIVA: Laboreando (11.00-13.00 h); MicroObradoiros (12.00-12.30 h); Espazos asociativos (11.30-12.00 e 12.30-13.30 h).

FEITO A MAN
19.30 h Na Vía Sacra, A BANDA DAS CRECHAS (tradicional galega).
21.00 h Na praza de San Martiño Pinario, ERIN & DJ MIL "Ninja Monkeys" (rap, raggamuffin, dancehall) + IGMIG (rock alternativo).
22.00 h Na rúa de Xelmirez, POETARRAS (folk-rock satírico).

Compartir: