Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 17 de agosto

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deporte, Rafael Peña, para presentar as Marchas Ciclistas Unificadas de Galicia de Special Olympics Galicia. Na rolda estará acompañado polo presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, e un membro da Asociación Aspas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar as actividades de dinamización do Mercadiño de Salgueiriños.

VERÁN EN VERDE
PERCORRER
22.00 h Con saída dende o quiosco da Alameda, Ruta das Irmandades da Fala. Necesaria inscrición previa en roteiros@maos.gal ata as 14.00 h do mesmo día.

FEITO A MAN
13.30 h No Curro da Parra, sesión vermú: WÖYZA (hip-hop, soul).
19.30 h Na praza dos Gatos, LA BANDA DE NASH (rock standards).
21.00 h Na praza de Mazarelos, THE COQUETTOS (gypsy jazz) + GATOS BIZCOS (blues).

Compartir: