Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de agosto

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local

13.30 h
Na terraza do Pazo de Raxoi, a alcaldesa en funcións, María Rozas, recibe os participantes no LIX Curso Universitario Internacional Música en Compostela.

VERÁN EN VERDE
PERCORRER
11.00 h Con saída dende o parque infantil de Galeras, ruta natural polo Río Corgo. Necesaria inscrición previa no 661 406 965.

FEITO A MAN
13.30 h En Tras San Fiz de Solovio, sesión vermú: ES UN ÁRBOL (rock absurdo)+DJ.
19.30 h Na praza dos Gatos, TACÓN GITANO & LOS POTROS (flamenco).
21.00 h Na praza de San Martiño Pinario, SABELA & THE HEARTBREAKERS (blues) + 1045 (funky jazz).

Compartir: