Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 28 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar os Concertos a pé de rúa, dentro da programación das Festas do Apóstolo 2016.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega "Despois de merendar, a rúa é nosa!". Na rolda tamén estarán as monitoras Nerea Couselo e Chus Caramés, de Xandobela.

12.00 h
No café bar Momo, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do festival Feito a Man.

12.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os nenos e nenas saharauís que pasan o verán en Compostela, dentro do programa "Vacacións en Paz".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Celebración do Día de Padrón en Santiago, co seguinte programa:
13.00 h Encontro coa Corporacíón de Padrón diante dos soportais do Concello. Intercambio de Pendón e Bastón.
13.05 h Recepción no Salón Nobre do Pazo de Raxoi.
Concerto das Bandas de Padrón e Santiago na praza do Obradoiro.

VERÁN EN VERDE

PERCORRER
10.00 a 13.00 h Con saída do CSC O Ensanche, Movemento e saúde: Circuíto saudable, pasando polo Parque da Granxa do Xesto e o Monte Pedroso. Necesaria inscrición previa no CSC O Ensanche ou no 981 543 001.
19.30 h Con saída desde o quiosco da Alameda, Ruta Irmandades da Fala. Necesaria inscrición previa en roteiros@maos.gal ata as 14.00 h do mesmo día.

FESTAS DO APÓSTOLO 2016

13.00 h
Concerto Banda de Padrón/Banda de Santiago
Praza do Obradoiro

CONCERTOS A PÉ DE RÚA (Concellaría de Xuventude)
19.00 h Mojo Experience. Praza Roxa
19.20 h Jugones. Parque de Ramírez, con República Argentina
19.40 h Adelnile’s Garden. Rúa de Carreira do Conde
20.00 h Hellorice. Praza Roxa
20.20 h The Candidates. Parque de Ramírez, con República Argentina
20.40 h Ivy Moon. Rúa de Carreira do Conde

21.30 h
MOLOTOV JUKEBOX
OS CREBINSKY
Praza da Quintana. Entrada libre

Compartir: