Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de xullo

10.00 h
Na Facultade de Ciencias da Comunicación, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste á inauguración da IV Xornada Universitaria Galega en Xénero: perspectivas de xénero na docencia universitaria.

11.00 h
Na Zona "C", 'Curadoría petit-crítica', actividade de mediación da intervención ‘As rúas contan que’.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, acompañado polo secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.00 h
Na Alameda, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste ao acto de presentación da unidade de cabaleiría do Corpo Nacional de Policía desprazada a Galicia, que prestará servizo no ámbito da "Operación Lumes 2016".

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do grupo Deolinda para presentar o concerto que ofrecerán na Praza do Obradoiro despois do pregón co que se inician as festas do Apóstolo.

13.30 h
No Pavillón universitario, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, visita as nenas e nenos que están a participar no programa Verán CampUSC, no que colabora o Concello.

16.00 h
Na Zona "C", visita guiada á intervención ‘As rúas contan que’, en inglés.

22.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o pregoeiro das Festas, Anxo Carracedo. A continuación, pregón desde o balcón do Pazo de Raxoi (23.00 h).

VERÁN EN VERDE

FACER
20.00 h No CSC da Trisca (na terraza), Imos ao baile con Mister Cool e Felipe Castro.

FESTAS DO APÓSTOLO 2016

23.00 h
Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de ANXO CARRACEDO, Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS) e do Centro
Nacional de Xenotipado (Instituto de Saúde Carlos III).

23.30 h
DEOLINDA en concerto: presentación do novo disco OUTRAS HISTORIAS
Praza do Obradoiro. Entrada libre

Compartir: