Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 12 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar a MOSTRA DE CELLOGRAFFITI, dentro do Plan RÚAS e da programación das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estará Pablo Castiñeira, da asociación Vella Escola.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, proxección da ópera de Mozart ‘Cosí Fan Tutte’, gravada hai uns días no Festival Aix-en-Provence. Coa colaboración de Arte, Fondation Orange e o Institut Français.

VERÁN EN VERDE

VER
19.00 h No Parque da Música en Compostela, ‘A Banda das Apertas’, un percorrido polas cancións infantís de diferentes proxectos de Magín Blanco como A nena e o grilo, Gatuxo, María Fumaça ou Rosalía Pequeniña.

FACER
12.30 h No parque de Bonaval (cemiterio), Obradoiro de Danza Creativa: accións corporais básicas.

PERCORRER
11.00 h Con saída da Estatua das Dúas Marías (en Porta Faxeira), visita guiada á Alameda dentro das visitas aos parques e xardíns. Necesaria inscrición previa no 661 406 965.

Compartir: