Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 31 de maio

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e da oficial da Policía Local, Diana Parente, para presentar un acto sobre seguridade viaria.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o xeneral xefe da Forza Loxística Operativa, Francisco Javier Sánchez Fernández. SÓ GRÁFICOS.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o VII Campionato Nacional de cálculo mental e con ábaco.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar o IV Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego.

Compartir: