Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 28 de maio

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día: PUNTO ÚNICO: designación de membros de mesas electorais por mor das vindeiras eleccións xerais.

Celebración do Centenario da Irmandade da Fala de Compostela
ACTO CENTRAL
19.30 h
No Panteón de Galegos Ilustres (Igrexa de San Domingos de Bonaval), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e demais membros da Corporación asisten ao acto central de conmemoración do centenario da Irmandade da Fala compostelá.
Recital poético: Salvador García-Bodaño • Helena Villar Janeiro • Claudio Rodríguez Fer • Lucía Novas
Concerto de canto e piano: Ramón Cabanillas na música.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
1. TEATRO. Ksado, por Inacio Vilariño
Lugar: Claustro de Fonseca, USC
Horarios: 12 / 17.20 / 18.20h Duración: 15 min. (aprox.)
2. MESA REDONDA. Galiza. Un proxecto de país para agora e para o futuro
Participan: Joám Lopes Facal • Teresa Moure Pereiro • Adrián Dios Vicente • Antón Gómez-Reino Varela.
Lugar: Salón de actos da Facultade de Filosofía
Horario: 12 h
3. MÚSICA. Concerto de Ricardo Parada
Lugar: Rúa do Vilar
Horario: 12.40 / 17 / 18 h Duración: 15 min. (aprox.)
4. TEATRO. María Miramontes, por Tero Rodríguez
Lugar: Vestíbulo do Teatro Principal
Horarios: 13 / 17.45 / 18.45h Duración: 15 min. (aprox.)
5. INTERVENCIÓN ARTÍSTICA. Pintura ao vivo, por Cestola na Cachola
Lugar: Praza de Cervantes
Horario: desde as 12 h
6. INTERVENCIÓN ARTÍSTICA. Memorial, por Exclusivas M.B.G
Lugar: Cidade Histórica
Horario: todo o día
7. MESA REDONDA. O "capital" en Galicia hoxe: a herdanza das Irmandades da Fala
Participan: Rosa Mª Regueiro Ferreira • Xoán Ramón Doldán García • Manuel Jaime Barreiro Gil
Lugar: Instituto Rosalía de Castro
Horario: 12 h
8. MONICREQUES. Parraceos, por Teatro da Ramboia
Lugar: Praza de Fonseca
Horario: 12.20 / 17 / 18 h Duración: 15 min. (aprox.)
9. CHARLA-COLOQUIO. Xustiza e fidelidade. O difícil tránsito á cooficialidade lingüística nos tribunais galegos
Participan: Dalila Dopazo Blanco • Luís Villares Naveira
Lugar: Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia
Horario: 17.30h
10. MÚSICA.
Colabora: Asociación Cultural Cidade Vella de Compostela e Asociación San Martiño Pinario
Regueifas a dúo - Alba María e Luís Caruncho (regueifa e zanfona)
Lugar: Praza de Cervantes
Horario: 13.30 h
Escola VivAntes! (baile e pandeiretas)
Lugar: Terraza de A GRAMOLA (San Paio de Antealtares-Pza dos Gatos)
Horario: 16.30h
Tis Che Tein + foliada libre
Lugar: Terraza de A GRAMOLA (San Paio de Antealtares-Pza dos Gatos)
Horario: 17 h
Do Fondo Do Peto (música tradicional)
Lugar: Terraza da CASA DAS CRECHAS (Vía Sacra)
Horario: 20 h
Cantamadeira - Foliada (Folk)
Lugar: Terraza do LITERARIOS (Quintana de Vivos)
Horario: 22 h

11.00 h
A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, visita a praza de Abastos no marco da campaña Quere o teu mercado.

12.00 h
En Área Central, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, visita a Feira Caravaning Compostela.

12.00 h
Dentro das actividades do CIAC, roteiro urbano no que se falará sobre os espazos que a cidade ofrece para albergar flora e fauna e enriquecer a nosa biodiversidade.

12.30 h
No pavillón do Restollal, o concelleiro Xan Duro asiste á entrega de premios do Memorial Lorenzo de la Torre.

20.30 h
No Teatro Principal, a Compañía Obras Públicas presenta o musical ‘Bye Bye Honey’, creado e dirixido por José Prieto. Con Carlos Mosquera Mos, César Goldi, Iolanda Muíños, Ramón Orencio, Fran Facal e Chechu Mosquera.

Compartir: