Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o Certame de Danza Intercentros 2016.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o coordinador do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC, Javier Agrafojo, para presentar o Servizo de Chaquetas Vermellas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

20.00 h
Na Praza das Pratarías, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño. Interpretan obras de J. Penders, J. Barnes, E. Cebrián, C.M. Schonberg e E. García Rey.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Sonia Lebedynski que presenta o seu primeiro disco ‘Deserto de centos’.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do programa de abono. Dirixidos por Karen Kamensek e con Jens-Peter Maintz, violonchelo, interpretan obras de S. Barber, W.A. Mozart e F. Gulda.

Compartir: