Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG Goretti Sanmartín sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar a app Liña Verde.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da sección sindical da UXT.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No Salón Nobre, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recibe os gañadores do Premio Galicia Segura 2016.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Paul Daniel. Previo ao concerto que ofrece a Real Filharmonía de Galicia ás 21.00 h.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de Aline Fraçao, que presenta o seu disco Insular.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, con Paul Daniel como director e narrador. Baixo o nome de Shakespeare e Cervantes, 400, estarán acompañados pola soprano Ingrida Gápová e o Coro Feminino do Orfeón Terra a Nosa, que dirixe Miro Moreira. Interpretan obras de Walton, García Román e Mendelssohn.

Compartir: