Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 7 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, e dos compoñentes do grupo compostelán Ivy Moon para dar conta da súa participación en representación de España no festival Imagine, que se celebrará en Zagreb.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar a memoria da I Xornada sobre a situación das persoas sen fogar.

Compartir: