Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 26 de decembro

10.30 h
No Pavillón de Santa Isabel, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto coa concelleira de Deporte, Noa Morales, visita o Campus Vero Boquete. Estarán acompañados pola futbolista compostelá.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No CEIP das Fontiñas, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, visita os nenos e nenas que participan no Programa Municipal de Conciliación de Nadal 2016.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, María Antón, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No Teatro Principal, ‘O encoro enmeigado (das fragas do Eume)’ cos Monicreques de Kukas. Autoría de Marcelino de Santiago (Kukas) e dirección de Isabel Rey.

Compartir: