Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municpal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, acompañada do director do Museo Valle-Inclán, Antonio González; do neto do escritor, Xaquín del Valle-Inclán; e da directiva do Ateneo, Pilar Sampedro, para presentar a xornada de actividades dedicada ao 150 aniversario do nacemento de Ramón María del Valle-Inclán, que terá lugar o 28 de decembro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño, co Cantorum Compostellana Coniunctio, agrupación composta por distintas formacións coralistas compostelanas, dirixidas por Anxo Abel Souto.

Compartir: