Previsións informativas para o mércores 21 de decembro
10.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con Luis Babiano, xerente da Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento (AEOPAS).
11.30 h
No Salón Reitoral, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro "Memorias del Arzobispo de Santiago", editado pola USC e o Consorcio.
12.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio pola muller asasinada onte en Barcelona, vítima de violencia de xénero.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Mocidade e de Políticas Sociais, Noa Morales e Concha Fernández, para presentar as actividades das súas concellerías incluídas na programación do Nadal 2016. Na rolda tamén estarán representantes das asociacións Desordes Culturais, Vella Escola e Ítaca.
13.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita a planta de ensaios tecnolóxicos e ambientais da EDAR da Silvouta.
17.30 a 20.30 h
Dentro da programación de decembro do CIAC, xornada sobre Os Sistemas de Participación de Garantías (SPG).
18.00 h
No Salón de Actos do Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Gala de Santiago(é)tapas.
19.30 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de presentación do libro de fotografías de Ramón Sánchez Estalote "Memoria dun tempo", editado polo Consorcio.
20.00 h
No Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da exposición "Compostela, un ano de Voz" 2016.