Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 2 de decembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No CSC de Santa Marta, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asiste á conferencia "O meu barrio ten un bosque segredo", a cargo de Henrique Alvarellos, dentro do programa Conxo consume - Consume Conxo.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da primeira tenente de alcalde, María Rozas, para presentar a XXII edición do premio Antón Fraguas. Na rolda tamén estará a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray, e un representante de El Corte Inglés.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o Mercado de Nadal.

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os participantes no I Encontro Internacional do Camiño Inglés.

17.00 h
Dentro das actividades do CIAC, Café-diálogo de alternativas. Nesta segunda sesión da xornada falaran Xoán Doldán sobre "Alternativas dende o descenso enerxético" e Miguel Pardellas sobre "alternativas dende as comunidades". Teléfono 981543145 ou ciac@santiagodecompostela.org

19.30 h
Na Facultade de Psicoloxía, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, clausura as Xornadas sobre prevención do consumo de alcohol e outras drogras en menores.

20.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, preside o acto de entrega dos premios CorreSan.

22.00 h
No Teatro Principal, concerto de Fredi Leis que presenta o seu primeiro EP, ‘Días Grandes’.

Compartir: