Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 15 de decembro

10.00 h
No Cersia, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, inaugura o I Foro de Economía Social Inspiradora. Emprender na adversidade. Ás 12.00 h preside a entrega de premios e ás 14.00 h clausura o Foro.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Xan Duro para presentar as actividades Menús e Contos de Nadal do Mundo. Na rolda estará Rocío Rodríguez, representante da Plataforma polo Emprego, entidade colaboradora.

11.00 h
Na praza do Obradoiro (no Salón Vermello en caso de choiva), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e alumnado de tres centros de educación infantil e primaria da cidade lerán un manifesto con motivo do Día Internacional dos Dereitos Humanos.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar o convenio de colaboración entre a Fundación Secretariado Xitano e o Concello. Na rolda tamén estará Isabel Suárez, representante da Fundación.

11.45 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, inaugura a exposición "Rostros", de Carlos Maside. No acto tamén estará Xulio Maside, sobriño do artista; Mercedes Rozas, comisaria da mostra; Mª Esther Rodríguez, documentalista; Belén Hernández, xerente do Consorcio; Juan Conde, responsable de exposicións do Consorcio.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e do voceiro do grupo parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, sobre asuntos de carácter local.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
2. Proposta de aprobación da constitución da Comisión Técnica para o estudo da modificación da xestión do servizo da ORA e guindastre.
3. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a recuperación en 2017 do bono de teatro galego e portugués e a posta en marcha do bono museos de Santiago.
4. Proposición do grupo municipal Socialista, relativa á elaboración dun plan director da zona arqueolóxica de Santiago de Compostela.
5. Proposición do grupo municipal do BNG, para a creación de novas instalacións de skateboard e de patinaxe, ademais do acondicionamento das existentes.
6. Dar conta de decreto da alcaldía de delegación de competencias no concelleiro, D. Xan Xesús Duro Fernández.
7. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
8. Solicitude do BNG de comparecencia do concelleiro Don Xan Duro Fernández.
9. Rogos e preguntas.
10. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro do Atlántico presenta ‘Helena: xuízo a unha lurpia’ de Miguel del Arco, dirixida por Xúlio Lago e protagonizada por María Barcala.

Compartir: