Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 14 de decembro

11.00 h
No vagón á entrada da Estación do Ferrocarril, a directora-xerente en funcións do Auditorio de Galicia, Silvia Modia, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do festival 'Escenas do Cambio'. Na rolda participan tamén Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; María Pereira, directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura; Pablo Fidalgo, director artístico do festival; e Fefa Noia, directora do Centro Dramático Galego.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar varias actividades da Escola Municipal de Música. Na rolda tamén estará o seu director, Fernando Rey.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Noa Morales, para presentar o programa Compostela Aventureira, dentro da programación de Nadal 2016. Na rolda tamén estará Marcos Gómez, da empresa Just Enjoy Eventos SL.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar a coñecer o nome dos gañadores do Premio Manuel Beiras. Na rolda tamén estará o vicepresidente da Cámara de Comercio, Evaristo Rodríguez Carracedo.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Coordinadora Galega de ONGs.

17.30 h
Dentro da programación do CIAC, xornada sobre Sistemas de Participación de Garantías (SPG).

19.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, saúda o alumnado da Escola Municipal de Música con motivo do Festival de Nadal.

20.30 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega do Premio Manuel Beiras.

Compartir: