Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 13 de decembro

11.00 h
Encontro cos medios de comunicación dos alcaldes de Santiago, Martiño Noriega, e da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañados polo deán, Segundo Pérez, previo á visita privada que farán á Catedral de Santiago.
Punto de encontro: praza do Obradoiro, diante da escalinata.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Milagros Castro, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Xan Duro, sobre a Cabalgata de Reis.

18.30 h
Na Fundación Granell, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asiste á inauguración da exposición da Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos de Enfermos Mentais.

20.00 h
No paraninfo da USC, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a presentación do libro 1936.O Estatuto Esquecido.

Compartir: