Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 1 de decembro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Pistacatro Produtora de Soños presenta ‘Residuo’, dentro do Programa Didáctico da Concellaría de Acción Cultural.

11.30 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dá lectura á Declaración de París, con motivo do Día Internacional da SIDA.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Fundación Granell, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o mercadiño solidario organizado pola Asociación Contra o Cancro de Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Antón, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
No edificio Quercus, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega do IV Premio Excelencia Empresarial a José Sierra, presidente de Urovesa.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Jaime Martín, previo ao concerto da Real Filharmonía de Galicia.

20.00 h
No Matadoiro Compostela, inicio da visita guiada, proxección e recital de poesía enmarcada na intervención ‘The observation of trifles’ de Carlos Alba, que está na Zona "C".

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono e das Xornadas de Música Contemporánea. Dirixido por Jaime Martín.

Compartir: