Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de novembro

10.30 h
No Hotel Congreso, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, inaugura o XVI Encontro de Autoxestores de Fademga.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Imos ao cine coa BMSC’, concerto didáctico da Banda Municipal de Música. Dirixido por Casiano Mouriño con imaxes de Manuel Muños Hermida e presentado por Luis Pardo.

11.15 h
No Concello de Barcelona, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa na Mesa Redonda sobre o impacto do turismo no territorio. Na mesa tamén participan como ponentes os concellos de Barcelona e Ámsterdam.

11.30 h
En Madrid, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na mesa "Concellos pola Auga Pública", dentro do Encontro de Cidadedes pola Auga Pública organizado pola Red Auga Pública (RAP). Na mesa tamén participan os alcaldes de Madrid, Manuela Carmena; de Barcelona, Ada Colau; de Valencia, Juan Ribó; de Zaragoza, Pedro Santiesteve; de Córdoba, María Isabel Ambrosio; de Valladolid, Oscar Puente; da Coruña, Xulio Ferreiro; de Terrassa, Jordi Ballart; e de Arganda del Rey, Guillermo Hita.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

20.30 h
Na Igrexa da Universidade, concerto de Hércules Brass dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Ao inicio do concerto haberá unha charla con Luís Carro, Juan Durán e Xabier Comesanha da Asociación Galega de Compositores.

Compartir: