Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 29 de novembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manolo Dios, para presentar o XIII Simposio "O libro e a lectura", organizado pola Asociación Galega de Editoras.

11.30 h
No Salón Reitoral da USC, o concelleiro Jorge Duarte, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación de Youtubeir@s, programa no que participan 11 concellos e as tres universidades galegas co obxectivo de potenciar a presenza do galego na Rede.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar unha nova edición do Mercado da Estrela.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

17.00 h
Na UMAD, a concelleira de Políticas Socias, Concha Fernández, preside o Consello Municipal de Saúde.

18.15 h
No Salón Nobre do Pazo do Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega Sánchez, recibe o presidente da República Oriental de Uruguai, Tabaré Ramón Vázquez Rosas. Previamente, ás 16.30 h, o alcalde asiste á ofrenda floral no busto de José Gervasio Artigas ubicado na praza da República Oriental de Urugai (rúa Fontiñas, s/n), organizada polo Consulado Xeral de Uruguai en Galicia.

Compartir: