Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 24 de novembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e do deputado autonómico Xosé Luís Rivas, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Salón de Plenos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa nun pleno infantil con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno. Participan 25 alumnos e alumnas de 6º de Primaria do CEIP López Ferreiro e do CEIP Monte dos Postes.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Imos ao cine coa BMSC, concerto didáctico da Banda Municipal de Música.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar o programa de actividades de uso dos recursos naturais e xornadas de concienciación e impacto sobre o uso dos recursos e consumo responsable, dentro das actividades resultantes do proceso de Orzamentos Participativos de Mocidade do 2015. Na rolda tamén estará un representante do colectivo Barriopía e outro de Verdegaia.

18.00 h
Na Sala Capitol, o alcalde, Martiño Noriega, asiste ao evento 'LGx15. Ideas para o futuro da lingua' organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

19.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde, Martiño Noriega, asiste á homenaxe ao doutor Fernando Acuña Castroviejo

19.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste ao acto de entrega dos Premios Medio Ambiente 2016 da Asociación Profesional de Empresas Medioambientais (APROEMA).

20.00 h
Na sede do Colexio Oficial de Médicos, o alcalde, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro de Ricardo Gurriarán "Fernando Alsina e o seu diario de guerra", con motivo da súa segunda edición.

20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde, Martiño Noriega, asiste ao acto de celebración do 60 aniversario de Vegalsa

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Jonathan Webb, dentro do Programa de Abono. Interpretan obras de Smetana, Janacek e Dvorak.

CINEUROPA
Toda a programación en www.cineuropa.gal

Compartir: