Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 23 de novembro

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a Asociación Palestino-Andalusí de apoio á infancia.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Imos ao cine coa BMSC, concerto didáctico da Banda Municipal de Música.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e do director de Cineuropa, José Luis Losa, para presentar Cineuropa infantil.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a campaña Conxo Consume.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, sobre asuntos da súa área.

17.30 h
Na praza do Matadoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visita a Neveira Solidaria instalada pola Asociación Sahebbi en colaboración coa ONG vasca GBGE.

21.15 h
Na Catedral, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto do 50 aniversario da Fundación Barrié.

CINEUROPA
Toda a programación en www.cineuropa.gal

Compartir: