Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar o I Foro de Economía Social Inspiradora.

11.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Igualdade, Marta Lois, e máis membros da corporación, visita varios comercios adheridos á campaña contra a violencia machista "Compostela en Negro". Punto de encontro: praza de Abastos (diante da torre central).

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

CINEUROPA
Toda a programación en www.cineuropa.gal

Compartir: