Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 21 de novembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal do BNG, Rubén Cela e Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Marta Lois; do director de Cineuropa, José Luis Losa; da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e de Mabel Rivera, vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, para presentar a programación especial de ’20 anos sen María Casares’ dentro de Cineuropa.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar os actos con motivo do Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Na rolda tamén estarán representantes da Asemblea Galega de Cooperación pola Paz, Cruz Vermella, Médicos sen Fronteiras e Unicef.

12.00 h
En Madrid (auditorio de Prado del Rey), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación de "Cidades Españolas Patrimonio da Humanidade", serie documental rodada en 4K HDR. Trátase dun ambicioso proxecto audiovisual que nace da sinatura dun convenio de colaboración entre RTVE e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade.

12.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, e do presidente do Santiago Futsal, Ramón García, para presentar as accións que levará a cabo a entidade dentro da campaña En Negro contra a Violencia.

CINEUROPA
Toda a programación en www.cineuropa.gal

Compartir: