Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 19 de novembro

11.00 a 13.30 h
Obradoiros infantís no Centro de Parques e Xardíns (CIPX) de Belvís para nenos e nenas entre os 6 e os 10 anos.

11.00 a 13.00 h
Dentro das actividades do CIAC, celebración do Día Internacional Sen Compras. Dirixido a todos os públicos a partir de 13 anos. Teléfono 981543145 ou ciac@santiagodecompostela.gal.

11.30 h e 16.00 h
Visita aberta para toda a cidadanía ao Cemiterio de Boisaca. As prazas estarán limitadas a 20 por quenda, habendo un itinerario pola mañá e outro pola tarde con saída ás 11.30 e ás 16 horas de diante da capela.

13.45 h
No Auditorio de Galicia, o concelleiro Xan Duro, participa na clausura da Xornada de Portas Abertas da Asociación de Celíacos de Galicia.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto de David Apellániz e Alberto Rosado, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Atalaya teatro presenta ‘Marat-Sade’, dentro da programación de Teatro&Danza da concellaría de Acción Cultural.

21.30 h
No Pazo de San Lourenzo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira María Rozas asisten á Gala da Fundación Andrea.

CINEUROPA
Toda a programación en www.cineuropa.gal

Compartir: