Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 11 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

11.15 h
Na Alameda (paseo da Ferradura), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita os participantes no I Encontro Internacional de Cadernos de Viaxes Compostela Ilustrada, que se estarán debuxando "Santiago desde as alturas" con Miguelanxo Prado.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

20.00 h
No Teatro Principal, Encontro co Premio Cineuropa Oliver Laxe previo á estrea en Galicia do seu filme ‘Mimosas’, dentro do festival Cineuropa.

20.30 h
Na igrexa da Universidade, concerto da Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

CINEUROPA

Toda a programación en www.cineuropa.gal

I ENCONTRO INTERNACIONAL DE CADERNOS DE VIAXE COMPOSTELA ILUSTRADA

10:00 a 12:45 h
Acompaña a…
Catel Muller Lugares singulares
Inma Serrano Santiago e os santiagueses
Jorge González Compostela verde: parques e ríos
Miguelanxo Prado Santiago dende as alturas
Sagar Fornies Arquitectura contemporánea na cidade

15:45 a 16:45 h
Clase Maxistral con Catel Muller. CGAC

17:00 a 17:45 h
Clase Maxistral con Sagar Fornies. CGAC

18:30 h
Coñecendo a…Jorge González. Presentación e sinatura de libros na Librería Kómic. Presenta: Pio Barreiro

19:30 h
Coñecendo a…Sagar Fornies. Presentación e sinatura de libros na Libraría Couceiro. Presenta: Inma Serrano

21:00 h
Noite Gastronómica con Clara Marta nos locais da Zona Vella santiaguesa. Esta actividade faise en colaboración con Santiago (é) tapas.

Compartir: