Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 8 de outubro

10.00 h
No CSC de Vite, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á inauguración do XVI Encontro de persoas xordocegas.

12.30 h
No Campus Vida (en fronte ao sanatorio da Esperanza), os concelleiros Xan Duro e Manuel Dios asisten ao acto de inauguración do segundo monólito do Recanto da Saudade, organizado pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Vertixe Sonora Ensemble presenta ‘Kairós, o momento oportuno’ dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

CURTOCIRCUÍTO
Festival Internacional de Cine
Varios espazos e horas
Consultar programación en curtocircuito.org

Compartir: