Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 7 de outubro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Martiño Noriega, e o cineasta Abel Ferrara, que está participando no Festival internacional de Cine, Curtocircuíto. Na rolda estarán tamén e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; e o director do festival, Pela del Álamo.
A continuación, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local. Tamén presentará as actividades de outono do programa Apego.

12.20 h
No CEIP Pío XII, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, visita o obradoiro "Unha enxeñeira ou científica en cada cole" xunto coa vicerreitora de Cultura da USC, Dolores Álvarez.

13.00 h
No Parque das Ciencias "Isidro Parga Pondal" (San Roque, a carón do Colexio La Salle), o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asiste ao acto de colocación dunha placa na honra de Ignacio Ribas Marqués, químico orgánico, con motivo do Día da Ciencia en Galicia. O acto está organizado pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Concellería de Educación e Cidadanía.

19.00 h
No CSC das Fontiñas, concerto de presentación de temporada da Real Filharmonía de Galicia. Con Adriana Winkler, concertino-directora, e Thomas Piel, violonchelo.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes no VI encontro Ibérico de Matemáticas.

CURTOCIRCUÍTO
Festival Internacional de Cine
Varios espazos e horas
Consultar programación en curtocircuito.org

Compartir: