Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 6 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra e o cineasta Sergei Loznitsa, que está na cidade con motivo do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto. Na rolda estará tamén o director do festival, Pela del Álamo. (Nota: haberá traductor)

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deporte, Rafael Peña, para presentar o curso "Recoñece a túa excelencia", dirixido a mozas e mozos de entre 14 e 16 anos. Na rolda tamén estará o coordinador do mesmo, Iván Espiñeira, o atleta Pedro Nimo e o árbitro da ACB, Jacobo Rial.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Branca Novoneyra, para presentar varias iniciativas resultantes do proxecto de Orzamentos Participativos de Mocidade. Na rolda tamén estarán membros do colectivo Barriopía.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h
No Museo das Peregrinacións, o concelleiro Manuel Dios asiste acto de presentación dos cadernos de Ramón Piñeiro sobre Manuel María.

18.00 h
Na Fundación Granell, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á clausura da exposición Santiago,1936.

19.00 h
Na Sala Agustín Magán (CSC Santa Marta), concerto de presentación de temporada da Real Filharmonía de Galicia. Con Adriana Winkler, concertino-directora, e Thomas Piel, violonchelo.

19.30 h
No Polígono do Tambre, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de presentación do novo equipamento de Tórculo. No mesmo, pronunciará un relatorio o publicista Antonio Montero.

CURTOCIRCUÍTO
Festival Internacional de Cine
Varios espazos e horas
Consultar programación en curtocircuito.org

Compartir: