Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 5 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar dúas actividades dos Centros Socioculturais: o obradoiro de dramaturxia "DISME O CORPO. DOUCHE A VOZ (Miradoiro de palabras en acción.)", coordinado por Roi Vidal e organizado en colaboración con AELGA; e o ciclo de sesións monográficas de relato breve e música "LIÑAS PARALELAS", impartido por Pepe Sendón, que estará na rolda, así como Roi Vidal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Sala Capitular da Catedral, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da exposición "Maestro Mateo" no Museo Nacional del Prado.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Mesa de diálogo co sector da hostalería nocturna.

19.00 h
No CSC de Vite, concerto de presentación de temporada da Real Filharmonía de Galicia. Con James Dalghren, concertino-director.

19.30 h
Na Sede da Fundación Eugenio Granell, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, presenta a publicación Periferias y (Des)bordes. Evolución urbana y cambios morfológicos, Santiago de Compostela 1778-1950. Asisten Pablo Costa, arquitecto autor do libro; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e José Luís Teófilo, Teófilo Edicións.

20.30 h
No Museo Thyssen-Bornemisza, a concelleira de Turismo, Marta Lois, asiste ao acto de presentación da oferta turística e cultural das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

CURTOCIRCUÍTO
Festival Internacional de Cine
Varios espazos e horas
Consultar programación en curtocircuito.org

Compartir: