Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 4 de setembro

11.00 h
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participa na visita ás obras da Senda de Vidán, organizada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda. Punto de encontro: PK. 2 da estrada AC-543.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Marta Lois, para presentar unha das campañas gañadoras do segundo premio do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego. Na rolda tamén estará Víctor Rivas, xerente da empresa e-Monte.

CURTOCIRCUÍTO
Festival Internacional de Cine
Varios espazos e horas
Consultar programación en curtocircuito.org

Compartir: