Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 3 de setembro

11.00 h
No Salón Verde, a concelleiras de Políticas Sociais, Concha Fernández, asina convenios de colaboración coas seguintes entidades sociais; ASPANAES, AGADEA, ACEM, MÉDICOS DO MUNDO, COCIÑA ECONOMICA, DON BOSCO.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar unha nova aplicación móbil accesible impulsada pola Fundación Orange e GVAM no marco dun convenio co Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. Tamén asisten Manuel Gimeno, presidente da Fundación Orange; Jaime Solano, director de GVAM; Eduardo Bermúdez, secretario da Asociación de Persoas Xordas de Santiago, e Iker Sertucha e Enrique Santos, presidente e responsable de accesibilidade da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o embaixador da República de Chile, Francisco Marambio Vial.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

13.15 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto con motivo da festividade da Policía Nacional.

19.30 h
No Auditorio ABANCA, o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Martiño Noriega Sánchez, asiste á conferencia que impartirá o Profesor Cédric Villani, Medalla Fields 2010, dentro do programa ConCiencia.

CURTOCIRCUÍTO
XIII Festival Internacional de Cine
Toda a programación en: curtocircuito.org

Compartir: