Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 29 de outubro

12.00 h
Con saída no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), roteiro polo parque de Belvís.

18.00 e 20.30 h
No vestíbulo do Auditorio de Galicia, o TAC, Taller Atlántico Contemporáneo, presenta Vox Balaenae, de George Crumb, dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Ás 18.30 h será concerto didáctico dirixido aos nenos e nenas e ás 20.30 h, concerto para adultos. Ao inicio do concerto de adultos haberá unha charla con Antonio Segura, decano da facultade de Bioloxía da USC.

20.30 h
No Teatro Principal, o CCN de Roubaix Nord-Pas de Calais e o Ballet du Nord presentan Mon élue noire e À nos faunes, dirixidas por Olivier Dubois e protagonizadas polos bailaríns Germaine Acogny e Cyril Accorsi, dentro do ciclo Teatro & Danza da Concellaría de Acción Cultural. Ao remate do espectáculo, Cyril Accorsi manterá un encontro co público.

Compartir: