Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 28 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

20.00 h
No CGAC, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á inauguración da exposición Eva Lootz. Cut through the fog.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, a Compañía Nacional de Teatro Clásico e Kamikaze Producciones presentan ‘Hamlet’ de William Shakespeare, dentro do ciclo Teatro&Danza da concellaría de Acción Cultural. Adaptada e dirixida por Miguel del Arco e protagonizada por Israel Elejalde, Ángela Cremonte, Daniel Freire ou Ana Wagener, entre outros.

20.30 h
Na Igrexa de san Domingos de Bonaval, o TAC, Taller Atlántico Contemporáneo e o coro Vox Stellae presentan ‘The Rothko Chapel’ de Morton Feldman dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Ao inicio do concerto, haberá unha charla con Montserrat Capelán, doutora en filosofía e musicoloxía e profesora de historia do pensamento musical da facultade de Xeografía e Histoira da USC.

Compartir: