Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 27 de outubro

9.30 h
No Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC (praza de Mazarelos), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a I Xornada sobre a situación das persoas sen fogar. Ás 18.30 h, clausura a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández. Programa:

9:30-9:45 Presentación institucional.
9:45-10:30 A experiencia de Housing First.
José Manuel Caballol (RAIS Fundación).
10:30-11:30 Quen durme nas nosas rúas? O caso de Compostela. Experiencias de entidades sociais en Santiago de Compostela: Cruz Vermella, FEAFES, Cáritas-Centro Vieiro, Albergue Xoán XXIII, Cociña Económica.
11:30-11:45 Debate - preguntas
11:45-12:15 Pausa - café
12:15-13:00 Iniciativas máis aló de Compostela. Experiencias de diversas entidades e colectivos sociais.
Pepa Vázquez (Colectivo Boa Vida, Pontevedra)
Sandra Pérez Portabella (Arrels Fundació)
Carla Leiras (Foro Socioeducativo Os Ninguéns)
Iria Gippini (Médicos do Mundo)
13:00-14:00 Persoas sen fogar e saúde mental.
Lucía del Río (psiquiatra Xerencia de Xetión Integrada Santiago de Compostela)
Rubén de Pedro (Red de Salud Mental de Bizkaia)
16:00-16:45 A educación social especializada: sereos casco vello de Vigo.
Antón Bouzas (membro da Xunta de Goberno do Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia)
16:45-17:30 Criminalización da pobreza e visibilidade do senfogarismo.
Lagarder Danciu ("activista da pobreza").
17:30-17:45 pausa.
17:45-18:30 Experiencias en primeira persoa.
María Teresa Patiño, presidenta da Asociación Boa Vida
18:30-18:45 Retos e conclusións
Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde do Concello
18:45-19:00 Clausura
19:00 En adiante CINE FÓRUM. Visualización do documental "Primero la casa".
Presentado por Maribel Ramos, de Rais Fundación.
10.15 h
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 49), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión executiva da devandita entidade. (SÓ GRÁFICOS). Enviarase nota.

11.00 h
No Hotel NH Obradoiro, almorzo informativo da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar a campaña "EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA". Tamén asisten:
Luisa Feijóo, concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Ames
María Carmen Ures, concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo
Saínza Ruíz, concelleira de Servizos Sociais, Mocidade e Muller do Concello de Ferrol
Isabel Reimúndez, concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Sada
Ignacio Iglesias, concelleiro de Benestar, Igualdade, Mocidade e Participación Veciñal do Concello de Teo
Manuel Muíño, alcalde do Concello de Zas
Mariluz Álvarez Lastra, concelleira de Educación e Igualdade do Concello de Ribadeo
María do Carme Fouces, concelleira de Educación, Igualdade e Servizos Sociais do Concello de Pontevedra

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
Na Facultade de Dereito, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de homenaxe a Luís Porteiro Garea.

20.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os participantes no 38 Congreso Nacional SEMERGEN.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixido por Christoph König interpretan obras de Mozart, Roussel e Schreker.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de Mónica de Nut e Luís Martíns que presentan o seu novo disco ‘Raíces Aéreas’. Coa colaboración dos bailaríns Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez.

Compartir: