Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 26 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Instituto Xelmírez I (rúa Poza de Bar), o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, participa no acto de presentación dos avances dos traballos de restauración dos fondos da biblioteca histórica do devandito instituto. Tamén asisten Manuel Portas, director do Instituto Xelmírez I; Barca Cereijo, restauradora; e Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago.

12.00 h
Na praza do Obradoiro (diante do Concello), lectura do manifesto con motivo do Día do Dano Cerebral. Asiste o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández. Organiza a Federación Galega de Dano Cerebral, FEGADACE.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para facer balance do festival Womex 2016. Na rolda tamén estará a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o director de AGADIC, Jacobo Sutil.

19.00 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de inauguración do 38 Congreso Nacional SEMERGEN.

20.15 h
No CSC do Ensanche, asemblea de decisión dos Orzamentos Participativos de Mocidade. Asiste a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas.

20.30 h
No Teatro Principal, Kukai Dantza presenta ‘Oskara’, dentro do ciclo de Teatro&Danza. Ao remate do espectáculo, haberá un encontro da compañía co público presente na sala.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto inaugural do curso académico 2016/2017 de aCentralFolque.

Compartir: