Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 25 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese cos membros do Club de Cans "Só lles falta falar".

11.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asina os convenios de colaboración co Colexio de Avogados e o Colexio de Psicólogos de Santiago.

11.30 h
Na sede do Centro Dramático Galego (Salón Teatro), a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do Festival de Teatro Agustín Magán, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da Xunta de Persoal e o Comité de Empresa do Concello.

Compartir: