Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 24 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o IX Concurso Santiago(é)tapas. Tamén asiste o vicepresidente primeiro da asociación Hostalería Compostela, Germán González.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar a I Primeira Xornada sobre a Situación das Persoas sen Fogar en Compostela. Estará acompañada por Santiago López Insua, coordinador de Cruz Vermella en Santiago; Patricia Camiña, responsable do Centro Vieiro de Cáritas en Compostela; Sor Esther Seoane, directora da Cociña Económica; e Antonio Hernández, director de FEAFES Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
Na Sala Agustín Magán (CSC Santa Marta), o Mago Teto presenta Intimo. A viaxe da miña vida.

20.30 h
No Teatro Principal, Socorro Lira presenta o seu último traballo, Amazônia, coa colaboración de Carlos Blanco, Uxía e Sérgio Tannus.

Compartir: