Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 21 de outubro

11.00 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á sesión constitutiva da X Lexislatura.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na praza do Toural, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visita a carpa instalada con motivo da campaña "Achégate á Hematoloxía".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

12.00 h
No salón de actos do Pazo de San Roque (San Roque, 2), a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da Gala dos Premios da Música e Poesía Galego-Portuguesa.

Compartir: