Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar unha nova edición das Xornadas Micolóxicas. Na rolda tamén estará José María Costa Lago, da Asociación Micolóxica Pan de Raposo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Pazo de Congresos, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao 58 Congreso Nacional da Sociedade Española de Hematoloxía e Hemoterapia.

13.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita a Feira Internacional das Músicas do Mundo Womex 2016, acompañado pola concelleira de Turismo, Marta Lois.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das actas correspondentes, ás sesións ordinaria do 16/06/16-núm. 11 e á extraordinaria urxente do 29/07/16-núm. 13.
2. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3. Aprobación da inscrición do Concello de Santiago de Compostela na Rede Española de Cidades Saudables.
4. Aprobación acordos adoptados na xuntanza do Consello Municipal de Saúde do día 4 de outubro de 2016, relativos á solicitude de información á Consellería de Sanidade e á Xerencia da área sanitaria do CHUS.
5. Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM para o sinalamento de aliñacións na N-525, tramo I. Núcleo da Susana.
6. Dar conta da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM no ámbito do equipamento deportivo ZD-7 en Agra dos Campos-Aríns.
7. Proposta da concelleira delegada de economía e facenda de aprobación inicial de expediente de modificación da base número 32.1 de execución do orzamento municipal para o ano 2016.
8. Proposta da alcaldía de adhesión do Concello de Santiago como membro observador da "Unión das Cidades Capitais de Lingua Portuguesa (UCCLA)".
9. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a priorización e aprobación dos proxectos incluídos na EDUSI a financiar dentro dos POCS 2014-2020.
10. Proposición do grupo municipal Socialista, relativa á posta en marcha dun plan de acción de seguridade peonil.
11. Proposición do grupo municipal do BNG, para incrementar a seguridade viaria na contorna dos centros de ensino.
12. Proposición do grupo municipal do BNG, para a recuperación de dúas esculturas do Pórtico da Gloria para patrimonio público.
13. Dar conta do informe de execución orzamentaria correspondente ao segundo trimestre do exercicio de 2016.
14. Dar conta dos reparos efectuados pola intervención municipal ao exercicio de 2015, remitidos ao Tribunal de Contas.
15. Dar conta de informe favorable do Secretario xeral do pleno, sobre bonificación do 95% ICIO na construción dunha gardería no Castiñeiriño.
16. Dar conta de aprobación definitiva da ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos.
17. Dar conta da elevación a definitivo da modificación do artigo 99 do Regulamento Orgánico Municipal do Pleno.
18. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
19. Solicitude do grupo municipal do Partido Popular de comparecencia da concelleira de igualdade, desenvolvemento económico e turismo.
20. Comparecencia, a petición propia, do concelleiro don Jorge Duarte Vázquez.
21. Rogos e preguntas.
22. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

Compartir: