Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 17 de outubro

10.00 h
Na Facultade de Medicina, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste aos actos de celebración de San Lucas.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Igualdade, Marta Lois, e de Mocidade, Noa Morales, para presentar o obradoiro "Recicla o Xénero", unha das actividades financiadas con cargo aos orzamentos participativos na área de Mocidade 2016.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e da oficial da Policía Local Diana Parente, para presentar a Memoria de Actividades de Educación Viaria do Curso 2015-2016.

Compartir: