Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 15 de outubro

11.30 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibe os participantes na peregrinación organizada pola Fundación También, de deporte adaptado para a inclusión de persoas con discapacidade.

18.00 h
Na Cidade da Cultura, saída das categorías adultas da Ruta dos Parques de Compostela, última proba do V Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. A partir das 19:00 h, dende O Restollal, saída das categorías escolares.

20.30 h
Na Igrexa da Universidade, concerto de Música Reservata dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

20.30 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta "Ensaio sobre a cegueira".

Compartir: