Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 14 de outubro

8.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día: Punto único: Aprobación Conta Xeral correspondente ao exercicio de 2015. (NOTA: non haberá streaming).

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘O país da banda… un conto musical’, concerto didáctico da Banda Municipal de Música.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para presentar o portal de orzamentos da web municipal, Orzamento Aberto.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e de Turismo e Comercio, Marta Lois, para presentar a actividade "Samaín en Compostela". Na rolda tamén estará Rafael López Loureiro, mestre e impulsor do Samaín en Galicia.

12.30 h
Na sede de El Correo Gallego (Preguntoiro), a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da 39 Carreira Pedestre Popular.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia ‘Descubre unha orquestra para ti, a túa!’.

20.00 h
Na Zona "C", a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, inaugura a intervención ‘Afirmo que todo funcionará’ de Jacobo Bugarín acompañada do propio artista.

20.30 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta ‘Ensaio sobre a cegueira’.

Compartir: