Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 13 de outubro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘O país da banda… un conto musical’, concerto didáctico da Banda Municipal de Música.

11.15 h
Na Sala de Prensa do Concello, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, manterá un encontro cos medios de comunicación.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Salón Vermello, ROLDA DE PRENSA de presentación do Womex 2016. Asisten:
• Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela
• Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Educación
• Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña
• Marta Lois, concelleira de Turismo do Concello de Santiago
• Vítor Belho, socio de Nordesía Producións, organizadora do evento
• Bryan Koolback, Mahou, patrocinador privado

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os membros do Secretariado de Educación do Eixo Atlántico.

19.00 h
No Edificio Social ABANCA, 1º andar (Praza de Cervantes), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición "De tendas. O comercio, emblema dunha cidade", xunto coa concelleira de Comercio, Marta Lois.

19.30 h
Na Fundación Granell, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, inaugura a exposición "Retratos sobre fondo negro", de Pilo Gallizo.

20.00 h
No CSCXM do Ensanche, Asemblea dos Orzamentos Participativos de Mocidade-mesa de propostas. Asiste a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto inaugural da Temporada de Abono coa Real Filharmonía de Galicia. Dirixida por Paul Daniel e coa soprano Isabella Gaudí.

Compartir: