Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 11 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar a exposición "Retratos sobre fondo negro". Na rolda tamén estará a autora da mostra, Pilo Gallizo, e a responsable da Fundación Tiresias, Lourdes Díaz.

11.30 h
En Lugo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no paseo polo Camiño Primitivo "De porta a porta", desde a Porta de San Pedro ata a Porta Miñá, no marco das Festas do San Froilán. Ás 12.00 h, Na Casa do Concello, asiste á recepción ás alcaldesas e alcaldes do Camiño.

12.00 h
Na Casa do Concello (Salón Verde), a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asina un convenio de colaboración con Cáritas para o financiamento do programa Vagalume.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, sobre asuntos da súa área.

20.00 h
Na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, o alcalde da cidade, Martiño Noriega, inaugura a exposición ‘semente. 15 anos apoiando a arte emerxente’. Na inauguración participan tamén os comisarios da mostra, Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre.

20.15 h
No CSC do Castiñeiriño, Asemblea dos Orzamentos Participativos, área Sudeste. Asiste a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas.

20.30 h
Na Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta, ‘Habrás de ir a la guerra que empieza hoy’ con texto e dirección de Pablo Fidalgo Lareo. Dentro da programación de Teatro&Danza.

Compartir: