Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 10 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Políticias Sociais, Concha Fernández, asina convenios de colaboración coas seguintes entidades sociais: ACPP, SARELA, PROXECTO HOME e CÁRITAS.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar as actividades de outono do programa Apego.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Marta Lois, para presentar o programa "Comercio Emblemático-Santiago de Compostela".

Compartir: