Previsións informativas para o martes 26 de outubro
ATENCIÓN: enviarase resumo dos acordos adoptados na Xunta de Goberno Local.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o Programa de actividades que realizarán os nenos con motivo da visita do Papa Benedicto XVI.
11.00 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social en Salgueiriños, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, participa na reunión da Rede Municipalista Solidaria, organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, da que forma parte o Concello.
11.45 h
Na Casa do Concello (Salón Nobre), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o ministro de Fomento, José Blanco, asinan o convenio do 1% Cultural para a rehabilitación da Casa do Cabido. A continuación (12.45 h), o ministro, o alcalde e o delegado do Goberno visitan as obras de ampliación do aeroporto.
NOTA: un autobús trasladará aos xornalistas desde o Concello a Lavacolla. Despois da visita, o autobús regresará á casa consistorial.
19.00 h
Na Casa do Concello (Salón Nobre), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega do III Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, organizado pola Concellería de Educación en colaboración coa Editorial Kalandraka.
19.30 h
No CSCXM do Ensanche, encontro con Manuela Palacios-González para falar da obra de Virginia Wolf, dentro das actividades do Clube de Lectura.
20.30 h
No CSC de Vite, proxección de Cine Europeo Short Matters 2, dentro de Curtocircuíto.