Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 26 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a iniciativa Camiña/Camiño pola visibilización das mulleres no mundo da arte. Na rolda estarán Paula Cabaleiro, Blanca Escrigas, Fernanda Lamelas, Isabell Seidel e Teresa Ruivo.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o profesorado dos CEIP de Santiago que se xubila este curso.

20.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega de premios da IX edición do certame escolar de La Voz de Galicia "Coñece o teu Concello".

20.30 h
No Teatro Principal, proxección de ‘Paper Planes’ (avións de papel) dentro do Ciclo de Cine Australiano. Entrada libre previa retirada de localidades.

Compartir: